616 13 09 95 info@arxemil.com

Entrevista a Xermán Arias, luthier

Esta é a entrevista enviada a todos os artesáns que apoian a Escola Livre da MPG, isto é o que nos contou Xermán para “este fin supremo que é facer música”. Xermán Arias (Arxemil lutheros) é de Sarria onde ten un obradoiro moi agradável. Constructor de instrumentos de corda frotada moi apreciados e de grande calidade, especialmente violinos, violoncellos, violas e no seu día tamén sanfonas.

1. Porque e para qué decideu facer instrumentos populares galegos? Cual foi o motivo orixinal e quen te apuxou?

Porque sempre gostei da música en xeral e da música tradicional galega en particular. Escomencei no taller de instrumentos musicais da Deputación de Lugo da man de Jesús e Luciano Pérez, posteriormente viaxei a Francia para traballar co luthier Cristiant Rault.

2. Cómo definirias a tua profesión, que é ser artesán diariamente?

Definiríame como un traballador da música tratando cada día de ofrecerlles solucións ós músicos e intérpretes que utilizan instrumentos para ese fin supremo que é facer música.

3. Cómo é a relación entre o gremio na actualidade? Cómo estades organizados e que propostas conxuntas tendes?

GermanArias

A relación na actualidade entendo eu que é moi boa, creo que esta xeración de artesáns rompemos cos vellos tabús que existían no gremio aquí en Galiza que consistían básicamente na ausencia de colaboración e de intercambio de información; na actualidade sí se comparten experiencias e se intercambian coñecementos.

Hai un grupo que estamos vinculados á Asociación de Gaiteiros Galegos e participamos, entre outras cousas, na Mostra de Instrumentos de Pardiñas que é a mais antiga de toda a Península Ibérica.

4. Que dirias que ofrece o teu obradoiro dentro do panorama galego?

Neste momento, a parte de construcción e reparación de instrumentos de corda, ofrecemos a posibilidade de probar e mercar, dentro dunha boa colección: violíns, violas, violoncelos, etc, antigos.

5. Cal é a relación do artesán co músico?

Debe de ser unha relación de colaboración, o artesán está para ofrecerlle solucións ó músico para que os instrumentos estén nun estado óptimo. Esta colaboración debe de redundar nun beneficio mútuo, o músico contará con instrumentos de calidade e o artesán evolucionará e perfeccionará as súas técnicas.

6. Qué botas en falta no teu oficio?

A verdade é que neste momento non boto nada en falta a nivel de relación cos compañeiros e cos clientes, como indicaba anteriormente creo que se deu un gran paso entre compañeiros de oficio.