A zanfona
A zanfona é o noso instrumento de corda máis ancestral, a súa orixe medieval, maxistralmente plasmado na iconografia románica, e a súa presenza en case toda europa non resta personalidade a zanfona galega, con características propias perfectamente definidas que despois de séculos de escuridade renaceron da man de faustino santalices e paulino pérez. Construímos este instrumento inspirándonos nas zanfonas tradicionais que se conservan nalgúns museos galegos.

