arxemil|lutheros

construción e reparación de instrumentos
de corda friccionada, venda de instrumentos antigos,
arcos e accesorios.

menú do sitio:

Colabora:

Breve Currículum

Xermán Arias nace en Barbadelo, comeza a súa formación no taller de instrumentos musicais da Deputación de Lugo en 1986 baixo a dirección de Jesús e Luciano Pérez. Permanecerá no taller ata 1994, cando funda o seu propio obradoiro. Ademais do programa formativo teórico e práctico a estadía no taller permítelle tomar parte noutras actividades: cursos , congresos, exposicións , etc. que serán moi importantes no seu futuro profesional.

Xermán tocando


No ano 1994 funda o seu propio taller en Sarria, oficialmente finaliza a súa formación na Deputación de Lugo e viaxa a Franza para traballar co luthier Cristiant Rault .A partir deste momento e ata a actualidade constrúe e repara instrumentos no seu taller. Ocasionalmente imparte cursos de construción de instrumentos.